Hai persoas que son posuidores dunha graza natural para facer rir á xente. É innato e non necesita de moitos recursos para caer ben e empatizar cos que o escoitan. Os pallasos son personaxes adorables que transmiten inxenuidade, tenrura e son capaces de seducir a pequenos e grandes á vez.
Hai distintos graos de chistosos, comediantes, imitadores que producen sorriso, risas e gargalladas. Son momentos máxicos, onde estes personaxes fan que a xente se esqueza da súa rutina diaria, problemas e disputas familiares. Pero nese mundo do espectáculo, tamén hai persoas que tentando xerar a risa, o que conseguen é enfadar o persoal polo repelente, e falta de graza que teñen nas súas intervencións. Como se "alimentan"? Pois de facerlle a pelota profesional aos gobernantes e os seus partidos para seguir espremendo a "teta da vaca".
En Cataluña, temos uns cantos que viven dos medios de comunicación públicos que pagan todos os cataláns, aínda que unha parte deles se rebelen nas súas casas, ante a impotencia de que ninguén lles dea unha patada no traseiro a estes farsantes e vividores, os envíe a Bruxelas a comer as súas coles e de paso que lle dean xabón ao "exiliado flamenco".
Toni Albá Noya vive das súas imitacións á familia Real Española, sen graza algunha, despois ponos a parir e de paso que pasaba por alí, tamén aos españois. Porque é dunha estirpe superior, só hai que mirar os seus ilustrativos twitters de acérrimo militante independentista.
Mirando os apelidos de Toni Albá Noya non son apelidos "puramente" cataláns, non, nin o primeiro, nin o segundo: Noya é de orixe galega. Precisamente hai un municipio que ten o mesmo nome na provincia da Coruña. En España, 3335 persoas levan este como primeiro apelido e 3253 como segundo. Con esas raíces galegas, aínda que non lle guste, a súa cara ten trazos parecidos á uña do percebe, pero sen sabor algún, todo hai que dicilo.
Toni Albá Noya atrincheirouse en TV3 onde lle pagan ben, e nos seus momentos libres ou vai aos mitins indepes ou se dedica a soltar estupideces que dan titulares e estes seguen alimentado a súa popularidade e enchendo o seu peto.
Di o refrán que "hai parvos útiles e listos inútiles". El é do primeiro grupo e así mantén o seu traballo. A obediencia e o servilo hai que pagalo.
Non é teima miña, pero a uña de percebe de Noya é tan desagradable que o único que produce en moita xente é unha reacción de alerxia propia do chapapote que tanto dano fixo ao mar galego.
Escribe o teu comentario