Outra vez volveron iniciarse incendios forestais xusto antes dun temporal de vento

Este xoves pola mañá están controlados dous lumes en Ribadeo e O Bolo, e outro extinguido en Friol.


|

Incendioinfierno


Dous incendios forestais iniciados na tarde do mércores permanecen controlados na mañá deste xoves nos municipios de Ribadeo e Bolo, mentres que quedou extinguido outro lume na localidade lucense de Friol. Os tres empezaron este mércores, en plena alerta por vento en Galicia.


O da parroquia de Celavente no municipio do Bolo, que se declarou ás 18,10 da tarde, quedou controlado ao redor das cinco da madrugada. As estimacións de Medio Rural sitúan a superficie queimada en máis de 20 hectáreas. Foron mobilizados sete axentes, 16 brigadas, oito motobombas e unha pa.


Tamén permanece controlado o incendio declarado na localidade lucense de Ribadeo e queimou, segundo as primeiras estimacións, unhas 20 hectáreas de monte arborizado. Este lume empezou sobre as 15,37 horas na parroquia da Devesa e está controlado desde a noite. Foron mobilizados polo menos tres axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.


Pola súa banda, un lume rexistrado na parroquia de Vilafiz no municipio de Friol quedou extinguido na noite do mércores tras calcinar seis hectáreas, confirmou a Consellería do Medio Rural.


"MOITÍSIMO VENTO"


O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegurou que apagar o incendio rexistrado na súa localidade está a ser "complicado" porque "fai moitísimo vento".


"Estamos a traballar con todos os medios do concello e da Xunta, con coordinación", destacou o rexedor, antes de subliñar que a resposta foi "rápida" tamén por parte dos medios autonómicos.


"Non temos queixa", salientou, antes de explicar que o lume se produciu nunha zona arborizada, e de celebrar que, "polo menos non hai casas en risco". Engadiu, ademais, que a zona que ardeu xa resultou queimada "fai cinco ou seis anos".


relacionada Os socialistas reclaman unha auditoría externa dos helicópteros contra incendios
relacionada O persoal contra incendios de tres meses reinvindica que seguen sendo necesarios
relacionada "A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE