Abel Caballero: "Galicia ten que saldar unha débeda histórica con Vigo"
O alcalde querea súa cidade na Galicia “do futuro e o progreso”.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, segue demandando o illamento por parte das administracións á cidade olívica. Se esta semana demandaba as presións de Feijóo para privar de AVE á cidade, agora afirma que Galicia ten “unha débeda histórica con Vigo que está sen saldar”. Ademais, advirte de que a cidade busca “o seu espazo” nunha comunidade que, criticou, "segue funcionando con pautas do século XIX".
Durante o coloquio organizado en Vigo por Fórum Europa-Tribuna Galicia, o alcalde ha manifestado que é unha tarefa inútil “tentar levar adiante Galicia sen Vigo ou contra Vigo”. Para Caballero, o deber da cidade é ocupar “un lugar na Galicia do futuro e o progreso”.
O alcalde, por outra banda, puxo en valor a forma de facer política do seu goberno e repetiu que o "modelo de Vigo" é "extrapolable ao autonómico e ao nacional" porque define un "proxecto colectivo de amplo apoio". Á súa vez, encomiou a importancia da estabilidade no seu equipo de goberno, un goberno que pretende ser “predicible” e que apoie a actividade económica, e non un "goberno rebelde ou contestatario".
CABALLERO E A Xunta
En canto ao trato do consistorio vigués coas administracións, o alcalde cualificou de forma positiva a cooperación con institucións como o Porto, a Zona Franca ou o propio goberno central, co que mantén "unha relación razoable, coas súas luces e as súas sombras". En cambio, coa Xunta remarcou as “serias disensións” co Executivo galego, sendo o único punto negro nas relacións co concello, debido a cuestións como o "abandono" das estradas autonómicas, a negativa para abordar a conversión da AP-9 en viaria urbano á altura de Teis, o "intento de pechar" o aeroporto, ou a paralización da área Metropolitana.
Con respecto a esta última cuestión, o alcalde volveu a asegurar que a área se poñerá en marcha tras as próximas municipais, porque segundo el “así o vai a esixir a cidade”. Ademais, Caballero deu por feito que o seu proxecto para Vigo volverá solicitar un respaldo maioritario dos votantes, incluso aumentando o número de concelleiros.
Doutra banda, o rexedor falou doutras cuestións de peso como a seca, que obrigou a iniciar o protocolo de restricións. Aínda que para el, parte da solución pasa por reducir o caudal ecolóxico da presa de Eiras a 150 l/s, posto que os vigueses e a industria da cidade xa están a aforrar "todo a auga que poden".
Escribe o teu comentario