Galicia e Reino Unido formulan un acordo pesqueiro bilateral para paliar o brexit

|

Pesqueropesca 1


O presidente do Goberno galego e o primeiro ministro galés, Carwyn Jones, acordaron a elaboración de "un convenio bilateral que garanta a cooperación" entre Galicia e Reino Unido, e un acordo en materia de pesca que permita "manter os avances en beneficio común", co obxectivo de reducir o impacto do brexit no sector marítimo-pesqueiro.


Así o manifestou Feijóo na conferencia sobre o brexit celebrada este xoves en Cardiff. Na sesión de apertura da conferencia, titulada 'A cooperación europea máis alá do brexit', o mandatario galego asegurou que as rexións periféricas e marítimas de Europa "teñen moito que achegar" para que as negociacións entre a Unión Europea e Reino Unido "non acaben sendo un fracaso para todos".


Para o presidente da Xunta todas as negociacións teñen un obxectivo común centrado en "proxectar certezas" e "continuar a cooperación máis allás do brexit". Na súa intervención na conferencia explicou que é necesario "clarificar o futuro dos galegos que viven e traballan en Reino Unido", así como "o dos británicos que o fan en Europa".


ACORDO EN MATERIA MARÍTIMA


Durante a conferencia, Feijóo mostrouse "especialmente interesado" en "defender os intereses de Galicia no ámbito marítimo-pesqueiro", ante as negociacións que comezou o Reino Unido coa Unión Europea. Neste sentido, asegurou que Galicia está "a priorizar" o sector do mar "a través das institucións europeas".


Na súa opinión, "o máis beneficioso", tanto para Reino Unido como para a Unión Europea, é "un acordo en materia de pesca" que facilite "un intercambio de acceso mutuo pesca-mercado". Feijóo lembrou tamén que Galicia foi "a primeira rexión europea" en asinar unha declaración de apoio ás comunidades pesqueiras, promovida por Alianza Pesqueira Europea.


Neste sentido, o presidente da Xunta asegurou que "se remitiron a Bruxelas varios informes sobre o impacto que podería ter o brexit na pesca". Así pretende "evitar que o brexit impoña novas fronteiras para os recursos mariños galegos".


Alianza Pesqueira Europea, agrupación dedicada ao sector da pesca, apunta que "un brexit duro" podería reducir "o beneficio neto das frotas de todo o continente nun 50%", así como "os salarios da tripulación nun 15%".


relacionada A pesca é a maior preocupación común entre Reino Unido e Galicia polo 'Brexit'
relacionada O Reino Unido propón unha "unión aduaneira" coa UE para evitar o "precipicio" do Brexit

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress