Jorge Suárez retira o borrador de orzamentos para este ano

O PP de Ferrol critica que o alcalde "traia a mediados de novembro, tarde, mal e a rastro" un documento que incumpre a regra de gasto.


|

Jorgesuarezalcaldeferrol 1


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez acusou aos grupos municipais na oposición de manter "unha actitude obstrucionista" contra o goberno que el dirixe e que motivou o ter que "retirar a proposta de orzamentos" para este ano 2017, que foi levada á comisión ordinaria de Facenda este martes.


O rexedor de Ferrol en Común criticou que, mentres desde a intervención municipal deuse luz verde ao documento, xa que ao seu entender "son os que teñen que emitir os ditames", os grupos políticos opuxéronse ao documento.


Ocorreu despois de que unha das concelleiras non adscritas, Esther Leira, denunciase na propia comisión que non se lle deu traslado de toda a documentación, o que motivou unha celebración dunha votación na propia sesión que decidiu rexeitar o proxecto orzamentario.


Jorge Suárez asegurou que "non é obrigatorio entregar esta documentación, xa que o único que hai que facer é comunicar ás partes que está á súa disposición no departamento correspondente". Esta situación xa obrigou a Jorge Suárez, que é, ademais, o encargado do departamento de Facenda, a convocar "unha nova comisión para o vindeiro venres, para tratar de aprobar un orzamento, salvar a oferta de emprego público e garantir os investimentos"


CRÍTICAS DESDE A OPOSICIÓN


Desde o grupo municipal do Partido Popular de Ferrol, a través dun dos seus edís, Alejandro Langtry, criticouse que o goberno local "lle esqueza" o facilitar unha copia da dita documentación á concelleira non adscrita. "Estamos ante un novo circo de Jorge Suárez, un espectáculo máis que demostra a súa falta de capacidade de xestión, a súa incompetencia e, posiblemente, a mala fe da forma de actuar deste desgoberno", trasladou en rolda de prensa.


O popular criticou que o alcalde de Ferrol "traia a mediados de novembro, tarde, mal e a rastro" un borrador que recolle un forte incremento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e que no capítulo 2, que é o do gasto corrente, incrementouse un 57%, onde o borrador xa recoñece que non se vai cumprir a regra de gasto".


Isto valeulle ao edil do PP para asegurar que "este é un incumprimento grave, polo que tampouco ten sentido aprobar un orzamento que xa contempla incumprimentos de partida", ademais de incidir en que "por segundo ano consecutivo se deixan de investir catro millóns de euros en obras en Ferrol, a pesar das grandes necesidades existentes".


relacionada Jorge Suárez apela á "altura de miras" para os orzamentos de 2018
relacionada O PSdeG considera tránsfugas ás dúas concelleiras que seguen no goberno de Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE