O PSdeG considera tránsfugas ás dúas concelleiras que seguen no goberno de Ferrol
Beatriz Sestayo celebra o texto aprobado no congreso do partido e reitera as súas críticas contra Jorge Suárez.
Rosa Méndez e Fernández Lemos, ex edís do PSdeG.
A secretaria local do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, celebrou que o congreso autonómico do seu partido considere transfuguismo casos como o sucedido na súa cidade, onde dúas concelleiras que concorreron na súa lista decidiron continuar no goberno de Ferrol en Común.
"É moi importante e emotivo (...) que o PSdeG denomine como tránsfugas a María Fernández Lemos e Rosa Méndez", subliñou, á vez que incidiu en que o ocorrido é "intolerable" e non ten "cabida" no PSdeG.
Así é que agradeceu este "apoio de moita fortaleza" que supón para ela o posicionamento do seu partido e criticou o que o executivo que lidera o alcalde Jorge Suárez (FeC) "utilice o transfugismo como unha arma intolerable en democracia".
TEXTO APROBADO
En concreto, o texto aprobado manifesta unha "condena explícita" do transfuguismo como práctica política "profundamente antidemocrática", pois "perverte fraudulentamente a vontade expresada pola cidadanía nas urnas".
Así, considera "tránsfuga" a quen obtivese unha acta de concelleira e decida formar parte dese grupo municipal ou "decida continuar formando parte dun goberno municipal despois da saída do mesmo do grupo socialista".
Escribe o teu comentario