Críticas contra a campaña institucional do 25 de novembro polo seu "paternalismo rancio"

"Segue sen entender a violencia machista", reprochan, para aseverar que "non queremos que nos protexan por ser mulleres".


|

25ncampanhamachismohorizFragmento do cartel da campaña.


En Marea reclamou a retirada da campaña institucional da Xunta para o 25 de novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller) ao considerar que existe "unha cousificación da muller e un tratamento paternalista cara a ela".


A través dun comunicado, a 'Marea Feminista' denuncia que a Xunta "segue sen entender o que significa realmente a violencia machista, sacando campañas coma esta que nada teñen que ver coas reivindicacións" das mulleres.


'O máis grande de Galicia non se maltrata' é o lema da campaña institucional do Goberno galego para o 25 de novembro, na que se presenta a muller galega coma "unha xigante" que se sobrepón a todas as adversidades.


Así, comparadas aos principais monumentos das catro provincias galegas, tres mulleres de tres rangos de idade diferentes protagonizan a campaña, que se difundirá a través de cartelería, medios de comunicación e redes sociais.


Na mesma liña manifestouse Ana Pontón a través da súa conta de Twitter, pedindo a retirada da campaña.



En Marea cre desacertado o enfoque da campaña porque "non aborda nin as causas da violencia machista, nin o machismo, nin as posibles solucións, nin medidas concretas no ámbito da prevención ou a educación".


Deste xeito, opina que "se dá unha visión patriarcal das mulleres" ao "comparalas cuns monumentos, cun patrimonio material que hai que protexer" e, por tanto, "coma se as mulleres fosen cousas ou obxectos sen máis".


"Sinxelamente mostra unha exacerbada cousificación das mulleres, así como un paternalismo patriarcal do máis rancio", indica En Marea no seu comunicado, no que tachan de "superficial" a campaña, xa que "evita intencionadamente abordar a raíz da violencia machista".


"As mulleres non somos cousas e non pertencemos a ninguén. Non queremos que nos protexan por ser mulleres, queremos que se garantan os nosos dereitos, así non será necesario que 'nos protexan'. Non queremos ser as máis grandes, queremos ser tratadas igual", conclúe a 'Marea Feminista'.


relacionada Máis de 500 mulleres reciben formación en defensa persoal contra a violencia machista
relacionada A campaña 'Compostela en Negro' multiplica as adhesións este ano
relacionada As denuncias por violencia machista aumentan en Galicia un 28% en medio ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE