As denuncias por violencia machista aumentan en Galicia un 28% en medio ano

Soben máis que a media española, pero a comunidade mantén unha taxa de vítimas menor.


|

Violenciamachista 2


Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano 1.780 denuncias por violencia de xénero, un 28,1% máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1.389, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a base aos datos estatísticos feitos públicos polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero.


A gran maioría das denuncias (1.315) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da prexudicada. Aumenta tamén o número de mulleres que aparecen como vítimas, do 1.288 entre abril e xuño do ano pasado, ás 1.640 deste ano, o que supón un incremento do 27,3%.


Segundo os datos estatísticos feitos públicos este luns polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galicia descenden os casos de vítimas que se acollen á dispensa para non declarar. Se no segundo trimestre de 2016 optaron por esta opción 92 mulleres, este ano fixérono 85, é dicir, o 5,2% das vítimas.


Por outra banda, Galicia segue tendo unha taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) por baixo da media estatal, con 11,71 persoas fronte a 17,04.


Durante o segundo trimestre do ano solicitáronse 477 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas, fronte ás 378 de 2016, o que supón un incremento do 26,2%. Das 477 incoadas adoptáronse 309, o 65%.


AUMENTO EN TODA ESPAÑA


Pola súa banda, os xulgados españois recibiron no segundo trimestre do ano un total de 42.689 denuncias por violencia de xénero, o que supón un incremento interanual do 18%.


No mesmo período de tempo, elevouse tamén en tres puntos a porcentaxe de sentenzas condenatorias a maltratadores, que representaron o 67,2% do total de sentenzas ditadas.


Neste segundo trimestre do ano tamén se produciu un incremento de máis de sete puntos nas solicitudes de ordes de protección e de máis de catro puntos na concesión das mesmas por parte dos órganos xudiciais.


A estatística reflicte, ademais, que un total de 40.366 mulleres figuran como vítimas de violencia de xénero no conxunto das denuncias presentadas no segundo trimestre de 2017.


relacionada Psicólogos nos xulgados para atender as vítimas do machismo
relacionada Duplícase o número de mulleres con algunha medida de protección por violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE