Mosquera sobre o encontro contra o Málaga: "É un partido vital"
O xogador tamén destacou os puntos positivos do novo técnico do Deportivo
Foto: RC Deportivo
O centrocampista e número doce do Deportivo, Pedro Mosquera, destacou a relevancia do próximo partido contra o Málaga, que cualificou de "vital". O encontro, que terá lugar o domingo día 19 de outubro, é para o Málaga, en palabras de Mosquera, "unha final".
Durante a rolda de prensa, o centrocampista do Deportivo sinalou a posibilidade de "poñernos a dez puntos máis o golaveraje, que son moitos puntos en Primeira División e cun tramo importante da liga transcorrido".
Tamén comentou os beneficios da chegada do novo técnico do Deportivo, Cristobal Parralo, que lles permite "traballar moitas cousas que facían falta e que están a ser positivas". Mosquera incidiu na súa capacidade á hora de detectar "cousas que facían falta co balón e sen el, e tamén nos infunde ese carácter que ten e que nos facía falta". Ante esta situación, o xogador predicir que "o equipo vai seguir crecendo" e que só poden "ir a máis".
Escribe o teu comentario