Permanece ingresado un dos feridos na vaga de incendios
Outras dúas persoas que tamén seguían ingresadas xa recibiron a alta hospitalaria.

Unha persoa permanece ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) por queimaduras derivadas dun dos incendios que azoutaron a comunidade galega en outubro. Outras dúas persoas que permanecían ingresadas xa foron dadas de alta.
Así o confirmaron as fontes sanitarias en relación ás tres persoas que permanecían ingresadas: dous na Coruña e unha no Hospital Povisa de Vigo. No caso da Coruña, os ingresados eran un home e unha muller, sendo esta última a paciente que foi dada de alta.
Escribe o teu comentario