Ferroglobe leva para Puertollano a planta de silicio prometida para Arteixo

A empresa condicionou "a realización do plan de futuro" en Galicia aos seus plans na Costa da Morte.


|

JavierlopezmadridLópez Madrid, polémico presidente de Ferroglobe.

O presidente do xigante metalúrxico Ferroglobe, Javier López Madrid, relacionado con distintas tramas de corrupción nos últimos anos, avanzou que a planta piloto de fabricación de silicio para placas fotovoltaicas que Ferrosolar, empresa vinculada á multinacional, está a construír en Puertollano (Cidade Real) podería estar lista "antes de doce meses".


Esta planta estaba prevista inicialmente para a localidade coruñesa de Arteixo, pero a negativa da Xunta á segregación das actividades que Ferroatlántica desenvolve na Costa da Morte (o que impediu a venda das centrais hidroeléctricas) supuxo que a compañía advertise, en xullo pasado, de que isto impedía "a realizacón do plan de futuro" en Galicia.


Durante a súa intervención, López Madrid lembrou que FerroGlobe é "o maior produtor de metal silicio do mundo", aínda que pediu "axuda" ás administracións para conseguir o "reto" de alcanzar un total de entre 400 e 500 postos de traballo.


relacionada Desconfianza sobre as intencións de Ferroatlántica tras o revés
relacionada Ferroatlántica non poderá vender as centrais da Costa da Morte

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE