Yolanda Díaz reclama a Navantia que dea a coñecer o seu Plan Estratéxico

"Ata agora non se deron pasos en positivo para tentar solucionar os problemas dos estaleiros públicos", reprocha a deputada.


|

Navantia 6


A portavoz de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, instou ao Goberno a pronunciarse sobre as medidas que adoptará para que Navantia aboe aos traballadores as asimilacións e pediu coñecer o novo plan estratéxico.


En concreto, estas asimilacións consisten no ascenso automático de todos os operarios cada oito anos, tal e como aparece recollido no III Convenio Colectivo pero non o IV, que foi anulado este último por unha sentenza firme da sala do social do Tribunal Supremo (TS), e que motivou débedas de ata 5.000 euros no caso dalgúns traballadores.


PLAN INDUSTRIAL


Precisamente, a falta de pagamento destas asimilacións motivou que os representantes dos traballadores, a través dos comités de empresa e federacións sindicais, rexeitasen polo momento sentar a negociar coa dirección da empresa pública o Plan Estratéxico.


Por iso, Yolanda Díaz reclamou coñecer a data na que "a Sepi ten previsto presentar" este plan "aos representantes dos traballadores", ademais de solicitar o coñecer "cales son os eixos fundamentais" deste documento.


Así mesmo, a deputada de En Marea esixiu que desde o Goberno tamén se lle dea traslado da data na que está previsto poñer en marcha o citado plan, que está chamado a marcar o futuro da empresa naval, con centros produtivos na ría de Ferrol, Baía de Cádiz, Cartaxena (Murcia) e con sede central en Madrid.


Por último, criticou "a actitude" dos novos presidentes de SEPI e de Navantia, Pilar Platero e Esteban García Vilasánchez respectivamente, dos que asegurou que "non difiren moito dos anteriores, xa que ata agora non se deron pasos en positivo para tentar solucionar os problemas que os estaleiros públicos carrexaban nos meses previos a este cambio de dirección".


relacionada O presidente de Navantia reúnese con sindicatos e dirección dos estaleiros de Ferrol
relacionada Navantia, a pola CIG por "danos e prexuízos" da folga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE