O paro aumenta en 1.846 persoas en outubro en Galicia, un 1% máis que en setembro


|



Oficina dos Servizos Púlicos de Emprego


A cifra de parados no rexistro das oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) incrementouse en outubro en 1.846 persoas, o que supuxo un 1% máis se se compara co mes anterior, ata contabilizar 185.903 demandantes de traballo anotados.


Con todo, se se compara outubro de 2016, supón un descenso en 13.037 persoas, unha caída do 6,55% na comparativa interanual, segundo os datos que difundiu este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


No conxunto do Estado, o número de parados rexistrados subiu en outubro en 56.844 desempregados respecto ao mes anterior (+1,67%), a súa segunda menor alza neste mes desde 2007, cando estalou a crise.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE