Un condutor kamikaze provoca un accidente en Rande con dous feridos

Os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar os dous feridos, un en cada coche.


|

RandeobrasnocheObras de ampliación da ponte.


Tras percorrer 20 quilómetros en sentido contrario, un condutor kamikaze acabou chocando esta madrugada contra outro coche en plena Ponte de Rande.


Segundo fontes da Garda Civil e de Emerxencias citadas por distintos medios, o vehículo circulaba en sentido Vigo.


Os efectivos de emerxencia tiveron que excarcerar as dúas persoas feridas, unha en cada un dos vehículos accidentados. Segundo se lle indicou ao 112, o tráfico na zona mantívose aberto en todo momento.


Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia ás 2:00 horas desta madrugada para informar de que un vehículo en sentido contrario circulaba pola AP-9, en sentido Vigo, e acababa de sufrir un accidente.


Varias ambulancias medicalizadas e convencionais do 061 e dúas dotacións de bombeiros encargáronse de rescatar e evacuar ambos os dous condutores ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (HAC).


Garda Civil de tráfico investiga as circunstancias do suceso.


relacionada Un condutor kamikaze provoca un accidente con tres feridos en Oleiros
relacionada O condutor kamikaze cazado en Caldas estará 20 meses sen poder conducir
relacionada Un condutor kamikaze provoca terror de madrugada na AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE