Martiño Noriega, "preocupado" polo "fracaso" da política e o diálogo

O alcalde de Santiago advirte de "unha nova etapa de recorte de dereitos fundamentais e liberdades".


|

Noriegamicro


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, lamentou "o fracaso" da política e do diálogo para a "solución de conflitos" e advertiu do risco de que se entre "nunha etapa de recesión e retroceso dos dereitos fundamentais".


O rexedor compostelán pronunciouse deste xeito ao ser preguntado pola declaración de independencia por parte da Generalitat e a posterior aplicación do artigo 115.


Respecto diso, o alcalde por Compostela Aberta recoñeceu estar "preocupado" e ter a "sensación" de que "para moitos" este era "o punto de chegada". "Especialmente dentro das responsabilidades prorrateadas do Goberno central", censurou.


Tras iso, advertiu dos perigos de "entrar no conxunto do Estado nunha etapa de recesión e retroceso respecto dos dereitos fundamentais". "Levamos nove anos de crise, con recorte de dereitos laborais e sociais e, nestes últimos dous anos, parece que entramos nunha nova etapa, que é a de recorte de dereitos fundamentais e liberdades", lamentou.


relacionada Puigdemont non asume o cesamento e pide aos cataláns defender a independencia
relacionada Rajoy delega en Sáenz de Santamaría as funcións da presidencia de Cataluña
relacionada Rajoy cesa o Goberno catalán e convoca eleccións autonómicas para o 21 de decembro
relacionada O bloque independentista proclama a República catalá co Parlament medio baleiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE