Rajoy cesa o Goberno catalán e convoca eleccións autonómicas para o 21 de decembro

"O Estado dispón de medios suficientes para recuperar a normalidade legal e disolver as ameazas sobre a convivencia, de forma pacífica e moderada".


|

Cmin155independenciaConsello de Ministros deste venres. Foto: @marianorajoy


O presidente do Goberno anunciou este venres as medidas adoptadas no Consello de Ministros extraordinario en aplicación do artigo 155 en Cataluña, que recibiu pola tarde o visto e prace do Senado.


Rajoy anunciou que as primeiras medidas para frear a proclamada independencia catalá pasan por cesar a Puigdemont, Oriol Junqueras e o resto de membros do Executivo da Generalitat. Ao presidente e os consellers súmanse tamén os altos cargos responsables de Interior e a Policía Autonómica.


O presidente xustificou estas destitucións "para evitar que os ata agora responsables poidan seguir dando pasos na súa escalada de agresión".


E para "devolver a lexitimidade democrática ao autogoberno", Rajoy anuciou que disolveu o Parlamento de Cataluña e que convoca as eleccións autonómicas para o 21 de decembro. "Eleciones libres, limpas e legais que poidan restaurar a democracia na comunidade autónoma", proclamou o presidente.


Xustificou a data manifestando que "non cremos que sexa bo prolongar a excepcionalidade", e insistiu en que "se trata de evitar máis danos e de devolver a normalidade á vida cidadá, non se trata de suspender o autogoberno, intervilo nin recortalo, senón en devolverlle a normalidade".


"Puigdemont tivo a oportunidade de volver á legalidade e convocar eleccións", proclamou, por iso "o Goberno de España toma as medidas".


Ao anunciar estas medidas, o presidente defendeu que "importa a prudencia e a serenidade, e tamén a confianza de que o Estado dispón de medios suficientes para recuperar a normalidade legal e disolver as ameazas sobre a convivencia, de forma pacífica e moderada".


Xunto a estas medidas, acordouse expor ante o TC a nulidade das resolucións aprobadas polo Parlament de Cataluña.


Cando entren en vigor, serán os ministros os que asuman as funcións dos conselleiros autonómicos cesados.


relacionada O Senado saca adiante o trámite para aplicar o artigo 155 en Cataluña
relacionada Os independentistas propoñen que o Govern e non o Parlament active a independencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE