O bloque independentista proclama a República catalá co Parlament medio baleiro

Encargan ao Govern de Puigdemont botar a andar as normas suspendidas polo TC. Cs, PSC e PP volveron abandonar a Cámara.


|

Puigdemontalcaldesgencat


O Parlament declarou constituída este venres a República catalá independente e aprobou iniciar un proceso constituínte, aprobando unha resolución de JxSí e a CUP que fixa "instar ao Govern a ditar todas as resolucións necesarias para o desenvolvemento da Lei de Transitoriedade Xurídica e fundacional da República".


A proposta de resolución inclúe a declaración de independencia que JxSí e a CUP asinaron o día 10 de outubro sen que chegase a entrar en vigor e que establece: "Constituímos a república catalá, como Estado independente e soberano", pero esta parte figura na exposición de motivos da resolución e por tanto non se votou.


Durante o pleno para abordar as consecuencias da aplicación do artigo 155, a proposta saíu adiante cos votos de ambos os dous grupos, as abstencións dos deputados de SíQueEsPot que pertencen a Podem, e os votos en contra do resto de deputados dese grupo.


VOTACIÓN ILEGAL


Os letrados do Parlament alertaran á presidenta da Cámara, Carme Forcadell, e ao resto de membros da Mesa de que non se podía admitir a trámite nin votar no pleno a proposta de JxSí e a CUP, a risco de que poidan ser perseguidos por un delito penal.


"Unha eventual aprobación no pleno dunha declaración de independencia, acto ou resolución materialmente equivalente [...] hase de considerar afectada polo deber de cumprir as resolucións do TC", apuntan.


Na votación non participaron os deputados non independentistas, de Cs, PSC e PP, que abandonaron o pleno, deixando medio hemiciclo baleiro.


O portavoz de JxSí pediu que a votación da proposta de resolución independentista presentada polo seu partido e a CUP se fixese a través dun proceso excepcional: que os deputados votasen en urna e que, por tanto, o seu voto fose secreto.


Solicitárono xusto antes de proceder a votación, e o portavoz de SíQueEsPot, Joan Coscubiela, reprochou ao grupo soberanista que non se atrevese a "dar a cara" nunha votación desta magnitude.


Con esta decisión JxSí e a CUP queren evitar que se indentifique claramente o sentido de voto para así tratar de blindarse ante futuras accións xudiciais contra eles.


DECLARACIÓN DE INDEPENDENCIA


A presidenta do Parlament, Carme Forcadell, leu ante o pleno a declaración de independencia que os deputados de JxSí e a CUP asinaron o 10 de outubro no Auditorio do Parlament, que non chegou a entrar en vigor porque non se votou no pleno que se fixo xusto antes.


PROCESO CONSTITUÍNTE


Antes desta votación, a maioría independentista aprobou a proposta de resolución conxunta de JxSí e a CUP que establece que o Parlament acorda "declarar o inicio e apertura do proceso constituínte" e tamén insta ao Govern a executalo.


relacionada O Senado saca adiante o trámite para aplicar o artigo 155 en Cataluña
relacionada Os independentistas propoñen que o Govern e non o Parlament active a independencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE