As obras na ponte de Rande provocan un atasco monumental
Uns traballos "que se alongaron máis do normal" causaron retencións que suman case 20 quilómetros.
A prolongación duns traballos de obra na ponte de Rande causou retencións quilométricas en ambos os dous sentidos na AP-9 e AP-9V entre Redondela e a zona de Teis, en Vigo.
Así o informaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que concretaron que por unha banda se produciron retencións entre os quilómetros 145 e 150 na AP-9 entre Reondela e Teis por obras "que se alongaron máis do normal", o que provocou que se cortase "unha calzada da ponte" pola que se circulaba en ambos os dous sentidos.
Iso causou, ademais, retencións na AP-9V entre os quilómetros 4 e 0, así como na AP-9 entre os quilómetros 150 e 147 sentido A Coruña e desde o 144 á entrada de Vigo, sentido cidade olívica. Isto motivou, así mesmo, retencións no Corredor do Morrazo.
Aínda que a calzada se puido abrir ao tráfico, a DXT advertiu que levará "un tempo" que se alivien as retencións na zona afectada, pero espérase que se restableza a normalidade ao longo da mañá.
Escribe o teu comentario