O paro baixa en Galicia case un 10%, o dobre que no conxunto de España

O número de desempregados baixa dos 200.000 na comunidade. En todo o país a cifra xa é a máis baixa desde 2008.


|

Trabajadorfabrica



O paro baixou en Galicia en 19.800 persoas no terceiro trimestre do ano fronte aos tres meses anteriores, un 9,8% menos, máis do dobre que o descenso do 4,7% estatal. Así, o total de desempregados baixa dos 200.000 e sitúase en 181.700, segundo os datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística.


Pola súa banda, o número de ocupados en Galicia aumenta en 23.600 (+2,25%) de forma intertrimestral ata 1.072.500. A taxa de ocupación sobe un 1,1% ata o 45,8%.


En España, o paro baixou en 182.600 persoas no terceiro trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 4,66% menos, o que situou o número total de desempregados en 3.731.700 persoas, a súa cifra máis baixa desde o cuarto trimestre de 2008.


relacionada Case 3.000 galegos máis apuntáronse ao paro no peor setembro desde 2012
relacionada Baixa o paro timidamente en Galicia mentres sobe en España
relacionada O paro baixa dos catro millóns por primeira vez desde 2008
relacionada Case 30.000 desempregados maiores de 55 en Galicia non conseguen atopar traballo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE