Pepe Mel despídese da Coruña coma "un deportivista máis"
Compareceu ante a prensa acompañado de Tino Fernández, que pediu agora "un paso adiante" aos xogadores.
Pepe Mel e Tino Fernández, na despedida. Foto: RC Deportivo
Tras o anuncio da substitución no banco do Dépor, chegan as explicacións. Esta mañá compareceron en sala de prensa o destituído Pepe Mel e Tino Fernández.
O técnico madrileño asumiu o súa parte de culpa. "Esperabamos máis e se non foi así significa que algo nós non fixemos ben". E quixo desexar a Cristóbal Parralo "a sorte que a min me faltou".
Pepe Mel revelou que se vai sen contas pendentes cos xogadores e como "un deportivista máis". E asegurou que espera "vir como rival e volver recibir o agarimo que estou a recibir agora".
Pola súa banda, Tino Fernández tamén fixo autocrítica por non acertar co adestrador, pero pediu ao equipo apertar máis. "Os xogadores teñen que dar ese paso adiante en moitos sentidos. Estar todos mentalizados en que non estamos a pelexar por non descender".
Aínda que non quixo poñer en dúbida o compromiso, manifestou que "se algún non se ve, que o diga. Con estes investimentos, apostas e non vender xogadores polos que podiamos facer unha caixa importante, temos que ter ambición".
Sobre o salto ao banco do primeiro equipo de Cristóban Parralo, afirmou que "era a mellor" opción que manexaban. "A aposta de Cristóbal é dar unha lombeirada á política deportiva do club", remachou.
Escribe o teu comentario