En liberdade a septuaxenaria de Mos investigada por tres incendios forestais

Ten ao seu cargo a un fillo e ao seu marido e o último lume co que  relacionan calcinou "moi pouca" superficie.


|

Policiaautonomicaincendiosforestaisinvestigacion 1Axentes da policía autonómica investigando un incendio.


A muller de 74 anos de idade detida en Mos está en liberdade, á espera de que o xulgado do Porriño tramite o atestado da Policía Autonómica, que lle tomou declaración este luns e atribúelle tres lumes, o último deles declarado o pasado domingo 15, en plena vaga de incendios.


Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), está previsto que entre este martes e o mércores as dilixencias cheguen ao xulgado. Será entón cando se tramiten e entón o xuíz que corresponda decidirá o momento no cal se cita.


Estas mesmas fontes indican que a muller foi detida pola Policía Autonómica, pero quedou en liberdade. Para decidir como se executa este tipo de actuacións, os distintos corpos das forzas da orde teñen en conta circuntancias como a situación persoal dos detidos, a gravidade dos feitos e o risco de fuga.


Fontes locais consultadas sinalaron que esta muller, veciña da parroquia de Petelos, ten a un fillo duns 40 anos con discapacidade. O seu marido está en cadeira de rodas e ambos están ao seu cargo.


Ademais, estas mesmas fontes indican que o lume do pasado domingo produciuse na zona de Veigadaña, na parte traseira do polígono industrial, e queimou "moi pouca" superficie. As fontes locais engaden que os bombeiros levaban tempo alertando de que neste punto ardía "todos os anos" e, nesta ocasión, sinalaron que a presunta causante do lume do domingo non facilitou os labores de extinción.


Un dos tres incendios polos que se investiga a esta muller declarouse o domingo 15, no que Galicia rexistrou numerosos focos por toda a comunidade, que afectaron con especial incidencia a núcleos de poboación ao sur da provincia de Pontevedra.


É a segunda detención relacionada coa onda de incendios daquela fin de semana, despois da dun home de 55 anos veciño de Vigo ao que a Garda Civil detivo tras provocar tamén o domingo 15 un lume de 1 hectárea próximo a casas, por unha imprudencia na súa leira familiar dos Blancos.


relacionada O xuíz decreta prisión sen fianza para o detido polo incendio do domingo nos Blancos
relacionada Traballo a contrarreloxo para recuperar as zonas con máis de 300 hectáreas queimadas
relacionada O balance de superficie queimada nestes días supera á do resto do ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE