Gas Natural Fenosa dá o seu apoio ao Festival de Cinema Internacional de Ourense
Este mañá o alcalde e Jordi Vich Llobet, director da Unidade de Hidráulicas de Gas Natural Fenosa, asinaron un convenio de colaboración.
Jordi Vich Llobet e Jesús Vázquez.
A só uns días de que dea comezo o Festival de Cinema Internacional de Ourense, esta mañá o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e Jordi Vich Llobet, director da Unidade de Hidráulicas de Gas Natural Fenosa, asinaron un convenio de colaboración para apoiar o desenvolvemento da cita cultural.
"Este acordo súmase aos distintos convenios asinados con entidades públicas e privadas que fan posible o desenvolvemento e o impulso do OUFF na súa XXII edición", resalta o concello nun comunicado.
Neste 2017, o festival avanza na reestruturación de contidos iniciada o ano pasado cara a unha maior especialización en cinema iberoamericano e ao reforzo da presenza do audiovisual galego.
Escribe o teu comentario