O OUFF especialízase en cinema iberoamericano e descentraliza a súa oferta
O Festival Internacional de Cinema de Ourense reorientese na súa XXII edición, aínda que seguirá incluíndo cinema galego.
O OUFF dá un xiro na súa XXII edición.
O Festival Internacional de Cinema de Ourense 'OUFF' realizará, na súa vixésimo segunda edición, un "cambio de orientación" para centrarse no cinema iberoamericano e "descentralizar" a oferta expandíndoa por diferentes puntos da provincia.
Este sábado tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Ourense polo que o Goberno galego, a través de Agadic, colabora co evento a través dunha axuda de 35.000 euros.
O OUFF encara a súa XXII edición cunha aposta por reorientar o festival cara a unha "maior especialización" no cinema iberoamericano, polo que poñerá o foco na sétima arte de países como Arxentina, Chile, Colombia, Portugal, Brasil ou España.
Ademais, poderán presenciarse filmes aínda non estreados nos circuítos comerciais e ciclos centrados en actores, directores e cinematografías de prestixio internacional.
Así mesmo, o festival manterá o seu "compromiso" co cinema galego coa proxección de películas e a participación de figuras de referencia do audiovisual de Galicia en diferentes actividades.
Outra das novidades do OUFF 2017 será a intención de descentralizar a oferta do festival, que pretende "expandirse" por toda a provincia con proxeccións e actividades por diferentes puntos da provincia de Ourense.
Escribe o teu comentario