Ourense, entre as provincias españolas con máis baixa concentración de salas de cinema
Sitúase entre as que non superan as 50 salas por millón de habitantes.
Ourense sitúase entre as provincias españolas con menor concentración de salas de cinema, entre as que non superan as 50 salas por millón de habitantes.
Son datos do vixésimo 'Censo de Salas de Cinema' que elaborou a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) coa colaboración dos distribuidores publicitarios do medio cinema 014 DS e Moviedis.
Nese estudo consta que outras provincias cunha baixa concentración de salas de cinema son Teruel, Xaén, Badaxoz e Burgos; fronte a Valladolid, Soria, Xirona e Alacante, que superan as 105 salas por millón de habitantes.
Por comunidades, na parte máis baixa da táboa figuran Estremadura (53), Cantabria (62) e Asturias (62), ademais de Ceuta e Melilla (47); mentres con 85 ou máis salas por millón figuran A Rioxa (130), Navarra (94), Comunidade Valenciana (90) e Cataluña (86).
A nivel estatal, segundo o informe, existen aproximadamente 76 salas de cinema por cada millón de habitantes, unha máis que na anterior entrega do censo pero 16 inferior á cifra de hai unha década.
Escribe o teu comentario