Remata unha nova fase de limpeza no asentamento da Pasaxe
O Concello da Coruña retirou outras 492 toneladas de residuos e derrubou outras dúas chabolas.
Os concelleiros Xiao Varela e María García, nunha fase anterior.
O Concello da Coruña completa unha nova fase de limpeza na Pasaxe coa retirada de 492 toneladas de residuos e o derrubamento de dúas construcións.
O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, subliñou o traballo que o goberno local realiza coas persoas residentes neste asentamento, que permitiu dar solucións habitacionais a 11 familias, tal e como indicou o Concello herculino nun comunicado.
Con esta actuación finaliza a terceira intervención da Concellería de Medio Ambiente en materia de xestión de residuos neste asentamento, no que levan recollidas 5.332 toneladas.
Escribe o teu comentario