O concello da Coruña paga alugueres en Arteixo a chabolistas realoxados
O alcalde do municipio veciño alerta de problemas de convivencia con outros veciños, que di que están "ameazados".
Incendio nun poboado chabolista.
O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, do PP, reclamou ao goberno local coruñés que "deixe de pagar" alugueres a chabolistas neste municipio tras asegurar que se están rexistrando problemas de convivencia debido ao realoxamento dalgúns deles nesta localidade.
En rolda de prensa, remitiuse a "queixas" da asociación de veciños de Meicende e doutros veciños pola política que, segundo expuxo, está a levar a cabo o concello da Coruña.
En concreto, denunciou o "pago" en pisos de Arteixo do aluguer a chabolistas procedentes da Coruña. Por iso, responsabilizou ao Consistorio coruñés dos "altercados, agresións ou o dano ao patrimonio" que poida haber nestes edificios.
REALOXAMENTOS NA CORUÑA
"Non pode ser que ningún veciño viva ameazado por unha errónea política de realoxamento que practica A Coruña", sentenciou o rexedor. Por outra banda, expresou expresou a súa preocupación cos novos realoxamentos procedentes do poboado da antiga conserveira Celta.
Ademais, dixo que "o lóxico é que os chabolistas da Coruña se realoxen na súa propia contorna, non que os envíen aos concellos veciños".
Escribe o teu comentario