A Coruña traza un plan para erradicar as infravivendas da Pasaxe
A Deputación da Coruña e o Concello colaboran nun programa que inclúe intervención socioeducativa e o realoxamento de entre cinco e oito familias.
A Deputación da Coruña e o Concello herculino colaborarán nun programa de erradicación de infravivendas cunha achega do organismo provincial de 82.000 euros, o 60,74% do financiamento total, segundo informa.
A deputada de Benestar Social, Educación e Política de Igualdade, Ánxela Franco, e a tenente de alcalde do Concello da Coruña, Silvia Cameán, asinaron o convenio de colaboración para o citado programa, con financiamento de persoal e servizos externos.
Esta iniciativa supoñerá, entre outras accións, a retirada mecánica de residuos do asentamento da Pasaxe, coa colaboración dos veciños; formación de persoas que habitan nos asentamentos; intervención socioeducativa e realoxamento de entre cinco e oito familias, precisan desde a institución provincial.
Escribe o teu comentario