Sánchez consegue abrir a reforma da Constitución a cambio do seu apoio a Rajoy
A comisión creada para o estudo do estado autonómico durará de seis meses e despois abordarase a reforma da Carta Magna.
Pedro Sánchez anunciou este mércores que acordou co presidente do Goberno abrir no Congreso o debate para a reforma da Constitución. Segundo pactaron, a comisión creada para o estudo do estado autonómico terá un período de traballo de seis meses e despois abordarase a reforma da Carta Magna na Comisión Constitucional.
Ademais, asegurou que comparte o requirimento feito a Puigdemont para que aclare se declarou a independencia de Cataluña e o PSOE apoiará as medidas que adopte o Goberno.
Escribe o teu comentario