Atopan a unha muller falecida nunha praia de Porto do Son á que arrastrou a marea

O seu cadáver estaba espido e os investigadores cren que o mar o devolveu a terra ás poucas horas de morrer.


|

AguieiraportosonPraia de Aguieira, no verán. Foto: turismo.gal

A muller achada morta este luns nunha praia do termo municipal coruñés de Porto do Son "levaba poucas horas falecida", segundo informaron fontes da investigación.


Con todo, a Garda Civil explicou que a muller está sen identificar e espérase que realización da autopsia aclare as causas da morte.


Pasadas as 14,00 horas procedeuse ao levantamento do cadáver da muller que, aparentemente, ten uns 50 anos, segundo estiman as mesmas fontes.


O corpo foi atopado na mañá deste luns na praia de Aguieira, en Nebra. Foi un alertante quen, sobre as 11,00 horas, avisou do achado e indicou que el fora alertado por un veciño que asegurara ver unha persoa afogada nesta praia, cara á zona do río.


Tras recibir o aviso, o 112 Galicia alertou ao persoal do 061, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén, a Garda Civil e os efectivos de Protección Civil de Porto do Son foron avisados.


En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria que confirmou no lugar o falecemento da muller.


A Garda Civil abriru unha investigación para identificar e esclarecer as causas da morte desta muller. Ademais, fontes da investigación sinalaron que non consta a desaparición na zona de ningunha persoa recentemente.


O corpo da persoa falecida estaba espido e semienterrado na area. Consideran as mesmas fontes da investigación que a marea arrastrou o cadáver a terra.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE