España busca en Israel ser cabeza de serie
A selección xa gañou a praza no Mundial do ano que vén e agora busca o sobresaliente.
Chegada a Israel. Foto: @SEfutbol
A selección española, coa praza gañada para o Mundial de Rusia 2018, ten aínda unha tarefa pendente, chegar á cita como cabeza de serie.
O combinado nacional xa está en Xerusalén, onde disputa este luns o último encontro da fase de clasificación. Os xogadores aterraron de madrugada nos arredores de Tel Aviv e trasladáronse ao seu hotel.
Co último obxectivo en mente, España necesita gañar e unha carambola de resultados doutras seleccións. Rusia, Brasil e Alemaña xa son cabezas de serie e 'a Roja' debe disputar a praza con Arxentina, Portugal, Perú, Polonia, Suíza, Chile, Gales e Francia.
Escribe o teu comentario