O MAC convoca tres bolsas de creación para novos artistas galegos

Convoca o proceso de selección. Os beneficiarios pasarán tres meses no estranxeiro.


|

Macgnfbecas



O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) convoca, dentro do marco establecido polo seu Plan de Cooperación Cultural e Internacionalización, un proceso de selección para cubrir un total de tres bolsas de creación artística no estranxeiro para artistas novos, nados ou residentes en Galicia.


En concreto, poderán ser beneficiarios destas bolsas todos aqueles artistas nados ou residentes en Galicia que, a data 31 de decembro de 2017, non cumprisen os 40 anos e teñan formación e/ou traxectoria profesional acreditada no ámbito artístico.


Cada unha das tres bolsas terá unha duración de tres meses e poderá desenvolverse desde o momento de concesión da bolsa ata novembro de 2018. As bolsas, dotadas de 16.000 euros, están destinadas a sufragar os gastos de ida e volta ao destino seleccionado, matrícula en cursos e materiais, entre outros aspectos.


Os proxectos producidos polos tres beneficiarios deste programa, durante a súa estancia no estranxeiro, serán expostos conxuntamente no MAC ao finalizar a bolsa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE