Lucas Pérez lesiónase no cuádriceps e pode estar ata tres semanas de baixa
E é que o dianteiro sofre dores no cuádriceps que, a falta de que as probas médicas confirmen o alcance da lesión, pode apartalo ata tres semanas da competición.
Lucas Pérez, durante un partido. Foto: RC Deportivo
Un dos xogadores máis determinantes deste Dépor, Lucas Pérez, sofre un contratempo para rematar de coller o ritmo que non puido alcanzar en pretemporada.
E é que o dianteiro sofre dores no cuádriceps que, a falta de que as probas médicas confirmen o alcance da lesión, pode apartalo ata tres semanas da competición.
Por tanto, é seria dúbida para o partido contra o Éibar, que deixará a Pepe Mel a Andone como posibilidade para encabezar o ataque.
Doutra banda, Borja Valle atendeu este venres os medios, onde me mostrou satisfeito polos minutos aproveitados ante o Corinthians, ao anotar dous tantos.
Agradeceu, ademais, sentirse coa "confianza e o respaldo da entidade e do míster", a pesar de non gozar de minutos. Tamén manifestou que "o último que podo facer é renderme e baixar os brazos" e que unha saída en xaneiro "nin se me pasa pola cabeza".
E quixo lanzar unha mensaxe ao deportivismo. "Que ninguén dubide de que non se traballe ou de que non nos doe. Somos os maiores prexudicados. Pero, agora vimos dunha vitoria e veremos todo máis despexado", finalizou.
Escribe o teu comentario