Suíza non se ofreceu a España para mediar na crise catalá, pero "está en contacto"
Exteriores nega que haxa unha oferta, tal e como informou unha emisora suíza. Junqueras nin confirma nin desmente.
Suíza é sfamada pola cantidade de referendos que realiza.
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación negou este venres, a través dunha portavoz, que Suíza, afamada pola cantidade de referendos que convoca, se ofrecese a mediar entre o Goberno español e o Executivo autonómico catalán para resolver a actual crise.
Consultada por Europa Press, a portavoz desmentiu así unha información da emisora suíza RTS. Con todo, segundo esta emisora, o Departamento Federal de Asuntos Exteriores de Suíza só confirmou oficialmente que "está en contacto con ambas as partes" e lembrou que estuda todas as peticións de mediación que lle chegan e responde positivamente na medida do posible.
Pola súa banda, o vicepresidente catalán, Oriol Junqueras, optou por non confirmar nin desmentir a información, afirmando que "en todo caso irase comprobando e alguén confirmará a fonte". Tamén destacou que hai moitas persoas, entidades e grupos que se ofreceron para mediar.
Escribe o teu comentario