Segundo día de parálise nos estaleiros de Navantia

Os piquetes da CIG só permiten pasar aos traballadores dos servizos mínimos decretados.


|

Navantiapiquetes


A actividade nos dous estaleiros que Navantia ten na Ría de Ferrol permanece paralizada por segundo día consecutivo. Do mesmo xeito que este xoves, durante o inicio dunha folga de carácter indefinido convocada en solitario polo sindicato CIG na industria auxiliar que opera nos centros de Ferrol e Fene, os traballadores das compañías formaron piquetes que impediron o acceso tanto aos empregados da empresa principal como da industria auxiliar.


Así, só se permite acceder ao recinto industrial a todos aqueles que aparecen nunha listaxe, propiciada pola propia Navantia, e que forman parte dos servizos mínimos decretados pola dirección da empresa naval pública.


O responsable de CIG Industria, Vicente Vidal, asegurou ante a porta principal do estaleiro que "a situación é idéntica á de onte (xoves)". "Está estancada, e non temos ningunha noticia nin por parte da dirección de Navantia nin da patronal, polo que seguimos mantendo o peche das portas nos dous estaleiros á espera dalgún tipo de contestación", abundou.


Vidal tamén rexeitou as afirmacións realizadas nas últimas horas pola dirección de Navantia na Ría de Ferrol e a patronal, a través de senllos comunicados, ao asegurar non entender "como por parar un día se pon o berro no ceo e se asegura que parece que é a morte de Ferrolterra, cando hai pouco fixemos sete días de folga, polo convenio provincial do metal, e non pasou nada".


Vidal quíxolles trasladar a estas partes que "ten na súa man acabar con isto, canto menos esteamos aquí mellor, e lembrar que isto é unha loita lexítima por parte dos traballadores da industria auxiliar", sinalou, para lanzar tamén un chamamento aos outro sindicatos: "CC.OO., UXT e M.A.S. aínda estades a tempo de sumarvos e poñervos ao lado dos traballadores nas súas lexítimas reivindicacións".


COMUNICADOS


Por parte da dirección de Navantia na Ría de Ferrol asegurouse este xoves, durante a primeira xornada de folga, a través dun comunicado, que este paro "é unha grave irresponsabilidade que pode ter consecuencias moi negativas sobre a execución dos programas en marcha", e que pode causar efectos "tanto sobre o futuro de Navantia como sobre o emprego actual e futuro".


Pola súa banda, tamén a través dun comunicado, a patronal das auxiliares solicitou a finalización desta folga indefinida xa que estiman que en caso de manterse "levará a curto prazo á perda de máis de 1.500 empregos e a quebra de numerosas empresas, ademais de provocar unha perda de competitividade que será irrecuperable".


relacionada Segundo día de parálise nos estaleiros de Navantia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE