Noriega chama a compensar con "viabilidade" os "desacertos" do Gaiás
A Xunta foi condenada a pagar 2,54 millóns a FCC por sobrecustos na Cidade da Cultura.
Minuto de silencio no Obradoiro. Foto: Concello de Santiago.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, cualificou como "un episodio máis dun conxunto de erros encadeados" a condena á Xunta a pagar 2,54 millóns a FCC por sobrecustos na Cidade da Cultura.
Esta serie de "erros", ao seu xuízo, "acompañaron o proceso de construción" do complexo do Gaiás e, respecto diso, lamentou que "no fondo acaban repercutindo en 'Juan Pueblo".
"Neste caso co pago dunha cantidade importante", constatou, en resposta aos xornalistas na praza do Obradoiro, onde mantivo un minuto de silencio polos últimos casos de violencia machista.
Con todo, e ao indicar que o Concello vive "xa en feitos consumados", destacou que o que lle "interesa" ao Consistorio é "a viabilidade do espazo construído e que haxa unha conexión coa cidade", dado que "moitas veces se vive de costas".
"Agora toca garantir a conectividade e que todos os desacertos que houbo hai que tentar minoralos no día a día", abundou o rexedor.
VIAXE A ROMA
Por outra banda, sobre a visita a Roma no marco do festival 'Remover Roma con Santiago', o primeiro edil valorou a viaxe como "importante para identificar a carga simbólica de Santiago cunha cidade como é Roma".
"Dalgunha maneira", segundo resaltou, "superou" as "expectativas" do goberno municipal, cunha inauguración que "contou con moitísima xente" e serviu para facer de "altofalante" das virtudes da capital galega.
Escribe o teu comentario