Noriega celebra que "se abre unha expectativa de ter unha gran intermodal"

O alcalde móstrase satisfeito pola adxudicación do proxecto do edificio de pasaxeiros e a pasarela.


|

IntermodalsantiagoproyectoProxecto de intermodal de Santiago.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, valorou que o estudo Herreros se impuxese no concurso convocado polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para redactar o proxecto do novo edificio de viaxeiros e a nova pasarela peonil da estación intermodal de Santiago.


"Estamos moi satisfeitos porque [...] o proxecto global da intermodal sexa adxudicado ao estudo de Herreros sen condicionar as dúas fases e mantendo a filosofía do que foi a aposta inicial de Compostela Aberta", subliñou o rexedor, para logo engadir que "se abre unha expectativa de ter unha gran intermodal".


ORA E GUINDASTRE MUNICIPAL


O alcalde tamén manifestou que confía en poder remunicipalizar o servizo da ORA e o guindastre. De feito, sinalou que todos os indicios apuntan a que a empresa "non quere prestar o servizo e quere pelexar pola indemnización".


Neste sentido, explicou que a empresa ten un prazo de 10 días para que mostre se cumpre ou non cos requisitos. "Queda por ver se a empresa ten interese en prestar o servizo, pero sospeitamos que non", apostilou, para logo facer fincapé en que o Concello de Santiago cumpre co mandato do xuíz.


"Sospeitamos que a empresa non ten interese en prestar o servizo porque presentou un recurso solicitando unha indemnización por non ser adxudicataria no ano 2011", manifestou o rexedor compostelán aos xornalistas, para logo engadir que "se non hai interese por parte da empresa", entón "reactivaríase o proceso de remunicipalización", o cal, precisou, xa está "finalizado".


VIOLENCIA MACHISTA


Así mesmo, deu conta da iniciación de procedemento e aprobación dos gastos para o desenvolvemento das actividades incluídas na campaña de sensibilización do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Así, apróbase a campaña e o gasto correspondente por importe de 55.000 euros. Desta cifra, 50.000 euros están contemplados no Programa Operativo Feder.


relacionada Noriega solicita a Fomento que a ligazón orbital estea lista para o Ano Santo 2021
relacionada Noriega, escéptico ante a anulación 'in extremis' da súa reunión con Tejerina

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE