O Celta perde a Hugo Mallo tres semanas, aínda que pode ser só un partido
As probas médicas confirmaron o alcance da lesión do lateral e rebaixan nunha semana as primeiras sospeitas.
As probas ás que os servicis médicos do Celta someteron a Hugo Mallo confirman a rotura muscular de grao I no bíceps femoral da súa perna esquerda.
Aínda que nun primeiro momento se prevía que a recuperación duraría un mes, o diagnóstico final contempla que o capitán estará apartado dos terreos de xogo tres semanas.
Hugo Mallo tivo que pedir o cambio durante o partido de Liga contra o Xetafe, que o Celta rematou empatando.
O lateral perderá, por tanto, o encontro contra Las Palmas do luns 16, pero podería chegar ao que o conxunto celeste disputa contra o Atlético o domingo 22 se apura os prazos da recuperación e os médicos lle dan a alta.
Escribe o teu comentario