Bruxelas reprende a España porque "a violencia nunca pode ser instrumento en política"

A Comisión Europea afirma confiar en Rajoy para buscar unha solución e chama ao diálogo, aínda que a votación non fose legal.


|

Unioneuropeabanderas


A Comisión Europea chamou este luns ao diálogo entre "todos os actores relevantes" na crise política en Cataluña, á vez que subliñou que a violencia "nunca pode ser instrumento en política" e mostrou a súa confianza no "liderado" do presidente do Goberno para buscar unha solución.


"Chamamos a todos os actores relevantes a avanzar agora moi rapidamente da confrontación ao diálogo. A violencia nunca pode ser un instrumento en política", declarou o portavoz xefe do Executivo comunitario, Margaritis Schinas.


O portavoz engadiu que de acordo á orde constitucional en España o voto deste domingo "non foi legal" e que o desafío secesionista é un asunto "interno".


O xefe do Executivo comunitario, Jean-Claude Juncker, falarán por teléfono esta tarde.


relacionada Centos de feridos durante as cargas policiais para desmantelar a votación ilegal
relacionada Rajoy discute co PP, Sánchez e Rivera o escenario político que enfronta España
relacionada O Goberno catalán insiste na súa idea de aplicar o resultado do referendo ilegal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE