Os socios eurpeos desexan a España "que se manteña forte" contra o referendo ilegal

O Goberno está satisfeito do apoio unánime e sen "fisuras" que recibiu a orde constitucional desde institucións e líderes da UE.


|

RajoysaludoRajoy non asiste pola situación de Cataluña.

España mantén nos seus contactos cos socios da Unión Europea que "non vai haber" referendo de independencia en Cataluña, suspendido polo TC, e que estará aberto ao diálogo coa Generalitat unha vez se restableza a legalidade e a orde constitucional.


Así llo traslada a delegación española que viaxou a Tallin (Estonia) con motivo do cume de xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea coa ausencia de Rajoy, que anulou a súa participación pola situación política en España.


O Goberno está satisfeito do apoio unánime e sen "fisuras" que recibiu a orde constitucional e o Estado de dereito en España tanto desde as institucións da Unión Europea como en declaracións individuais de mandatarios europeos.


A situación en Cataluña preocupa á Unión Europea, segundo revelaron varias fontes comunitarias nas últimas semanas, pero é vista desde Bruxelas como un "asunto interno" de España no que a UE non debe tomar partido máis aló de apoiar o marco legal e constitucional.


Neste contexto, non se espera que o desafío independentista forme parte das discusións formais dos líderes europeos reunidos en Tallin e tampouco o Executivo de Mariano Rajoy buscou pactar cos seus socios unha declaración de apoio no marco deste cume.


A última en pronunciarse foi a presidenta de Lituania, Dalia Grybauskaite, que desexou a España que se manteña "forte" na crise política que vive polo desafío independentista, un asunto que considerou "sensible".


"Non é fácil, é (un asunto) sensible. Desexámoslles que se manteñan fortes", declarou Grybauskaite á prensa en Tallin.


relacionada O desafío catalán pon en risco a confianza dos investidores, segundo o Banco de España
relacionada Os empresarios galegos rexeitan unha solución para Cataluña que incremente a desigualdade entre rexións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE