Experimentarán con prototipos na A-8 para dar cunha solución á néboa
Probaranse nun tramo anexo á autovía entre Mondoñedo e Abadín.
A néboa obriga a cortar frecuentemente a autovía.
Os ministerios de Fomento e Economía asinaron este xoves un convenio para instrumentar o financiamento da Compra Pública Innovadora (CPI) que permita experimentar con prototipos de tecnoloxía innovada relativa a sistemas de protección antinéboa, nun tramo de proba anexo ao da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
O obxectivo, indicaron, é validar a súa futura implantación sobre a estrada para minimizar os efectos adversos producidos sobre o tráfico pola néboa densa.
A firma do convenio permite o co-financiamento do proxecto, a través da liña FID, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 no marco do Programa Operativo Crecemento Intelixente.
PROPOSTAS RECIBIDAS
Ambos os ministerios explicaron que na consulta preliminar do mercado, xa finalizada, recibiron un total de 26 propostas de acordo ao procedemento establecido. As solucións identificadas varían entre sistemas de detección e axuda á condución ata sistemas de illamento, eliminación ou desprazamento da néboa.
Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, os ministerios procederán a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados para resolver a situación existente.
Escribe o teu comentario