A néboa obriga a desviar ao Rosalía de Castro un voo que debía aterrar en Peinador

|

Aeropuertovuelos


O voo de Air Europa que tiña previsto chegar ao aeroporto de Peinador, en Vigo, ás 7,55 horas, foi desprazado á terminal Rosalia de Castro por mor das condicións meteorolóxicas, dado que había néboa.


Diso informaron fontes de Aena, que ratificaron, ademais, que en Vigo se cancelou a primeira saída da xornada --un voo de Iberia--, dado que o avión, que debía chegar a Peinador este xoves pola noite, tivo que aterrar finalmente en Santiago.


Así as cousas, o voo partiu do Rosalía de Castro na mañá deste venres e os pasaxeiros que partían de Vigo foron desprazados a Santiago en autobús.


Nesta xornada non houbo, polo momento, máis dificultades, e confíase en que continúe así dada a mellora das condicións.

relacionada A néboa obriga a desviar un voo de Alvedro a Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress