Dous anos de prisión e cinco de liberdade vixiada para un pirómano confeso

Recoñeceu provocar catro incendios en Ourense. Debrá someterse a tratamento psiquiátrico.


|

Incendioavion


A Audiencia Provincial de Ourense condenou este xoves a dous anos de prisión e cinco de liberdade vixiada, con obrigación de someterse a tratamento psiquiátrico durante ese tempo, a Santiago B.L., un home de 29 anos que recoñeceu provocar catro incendios forestais en agosto de 2015 en Pereiro de Aguiar.


O home quedou en liberdade provisional, pero ingresará en prisión no caso de que non cumpra cos controis médicos ou non faga fronte á responsabilidade civil.


OS FEITOS


Os feitos xulgados tiveron lugar no mes de agosto de 2015. En concreto, segundo recoñeceu, o día nove de agosto o acusado provocou un incendio en Sabadelle (Pereiro de Aguiar), que afectou a 4,60 hectáreas.


Catro horas máis tarde volveu provocar outro incendio no mesmo municipio, seguindo idéntico modus operandi. Este lume afectou a seis hectáreas de terreo.


Ademais, tamén se lle xulgou por un lume provocado a mediados de agosto na localidade de Vilariño (Pereiro de Aguiar) e por outro que se iniciou ás 1,00 horas do 11 de agosto de 2015 en Castro de Beiro (Ourense), que afectou a 30 hectáreas de terreo.


O home fora xulgado o pasado mes de xullo como autor doutros oito incendios na provincia de Ourense. Nesa ocasión tamén recoñeceu ante a Audiencia Provincial que provocara os lumes e aceptou a petición de Fiscalía de dous anos de prisión e de liberdade vixiada durante cinco, con obrigación de someterse a tratamento psiquiátrico.


relacionada A Xunta deixa para o outono os traballos de prevención de incendios forestais
relacionada Prisión sen fianza para un presunto pirómano reincidente na comarca do Deza
relacionada De madrugada e con varios focos á vez, así actúan os incendiarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE