De madrugada e con varios focos á vez, así actúan os incendiarios

Só esta fin de semana rexistráronse en Galicia 29 incendios de madrugada, a maioría "reducidos a conatos". Nun par de días, varios lumes suman unhas 160 hectáreas.


|

Incendiobomberoforestalllamas


A Xunta denunciou a "elevada actividade incendiaria" rexistrada nas madrugadas desta fin de semana, nas que se contabilizaron un total de 29 incendios declarados entre as dez da noite e as sete da mañá.


Segundo o goberno, 21 dos 29 incendios rexistrados de madrugada, cando os medios áereos non poden actuar, "quedaron reducidos a conatos", é dicir, non afectaron a máis dunha hectárea.


A continuación, o Executivo galego asegura que o tempo medio de reacción fronte a un lume situouse "ao redor dos 20 minutos". Ademais, denuncian que os incendios se declararon "con varios focos simultáneos en puntos próximos".


Así, puxo como exemplo o "paradigmático caso" do Concello de Agolada, onde "chegou a haber ata dez lumes en apenas 24 horas", dos que "catro quedaron en conatos" e "só un" superou as 15 hectáreas de superficie afectada.


AGRADECEMENTO AOS PROFESIONAIS


Deste xeito, a titular de Medio Rural agradeceu o traballo "a todos os profesionais que loitan contra os incendios forestais en Galicia, tanto ao persoal da propia Xunta como dos corpos e forzas de seguridade do Estado, Exército e Protección Civil".


Por último, tras emprazar a cidadanía a denunciar os incendiarios, lembra que a época de perigo alto de incendios se estende do 1 de xullo ao 30 de setembro, un tempo no que estarán despregados na comunidade "unhas 7.000 persoas para loitar contra o lume".


MÁIS DE 160 HECTÁREAS NUN PAR DE DÍAS


O incendio de Vilariño de Conso, iniciado na noite do sábado, continúa sen controlar este luns, aínda que a Xunta dáo por "estabilizado" desde o domingo.


O lume, que afecta a un cento de hectáreas calcinadas, comezou na parroquia de Castiñeira, e nas tarefas de extinción participaron cinco helicópteros, tres avións, 13 motobombas, 31 brigadas, 10 axentes e unha pa.


Por outra banda, ás 9,29 horas deste luns quedou controlado un incendio en Vilalba, na parroquia de Vilapedre, cunhas 24 hectáreas queimadas. Traballaron seis motobombas, oito brigadas, tres axentes e un técnico.


Así mesmo, na noite do domingo quedou extinguido o incendio de San Cristovo de Cea, na parroquia de Viña, que arrasou 38 hectáreas --30 de arboledo e oito de raso--. Na súa extinción traballaron 16 motobombas, 21 brigadas, 16 axentes, tres pas e un técnico.

relacionada Detidos varios incendiarios acusados de provocar decenas de lumes
relacionada "Hai montado un chiringuito ao redor da extinción de incendios"
relacionada 5.000 euros de recompensa por delatar o autor do incendio de Verín
relacionada O día que empezou o incendio de Verín houbo outros 20 en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE