Noriega: "Cos que rouban patrimonio non se pode negociar"

O alcalde de Santiago ve "moi débil" a posición dos Franco en relación ás estatuas do Pórtico expoliadas.


|

Noriegamartinho 1


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, considera que a familia Franco se atopa nunha posición "moi débil" en relación ás estatuas do Pórtico que están no seu poder. En concreto, pronunciouse deste xeito despois de que o pleno do Concello de Santiago apoiase este xoves por unanimidade reclamar á familia Franco a devolución das dúas estatuas do Mestre Mateo que están no seu poder, así como pedir á Xunta que sexan declaradas Ben de Interese Cultural (BIC).


"Creo que aquí hai unha posición moi debil da familia Franco en canto á titularidade desas pezas, porque non hai ningún acordo plenario de cesión, nin xunta de goberno, nin decreto de Alcaldía, nin decreto notarial, nin escritura: non hai nada e iso, na miña terra, chámase roubo", sentenciou o rexedor de Santiago ao ser preguntado polos medios tras a xunta de goberno local, para logo indicar que o Concello ten "a razón e a propiedade" e que, por tanto, vainas exercer xuridicamente.


Cuestionado sobre a resposta que agarda por parte da familia Franco, respondeu que, ata agora, "fixéronse bastante os remolóns nos últimos 30 anos". Así, aínda que sostén que "todo o mundo pode cambiar", isto sería unha "sorpresa" para o Consistorio porque "non houbo nunca resposta" a pesar de que hai expedientes abertos desde finais dos 80 e varias reclamacións políticas. "Non houbo nunca resposta. Resulta complicado que respondan (agora)", agregou respecto diso.


Así mesmo, agradeceu ao presidente da Xunta que entenda que o expediente de recuperación das pezas está ben tramitado: "Levamos semanas traballando de maneira silente", apostilou respecto diso.


Ademais, considera que o citado expediente é "garantista" para "iniciar a batalla legal" que, sinalou, "parece ser" que o Concello está "abocado a iniciar" coa familia Franco. "Cos que rouban patrimonio non se pode negociar", resolveu.


BRANCA NOVONEYRA REGRESA


Así mesmo, a xunta de goberno aprobou a proposta da Alcaldía relativa á designación da concelleira Branca Novoneyra como representante do Concello en diversos organismos, co que a edil de Acción Cultural volve ao Consistorio tras recuperarse dunha enfermidade e recupera todas as súas competencias, excepto centros socioculturais, que seguirá en mans de Concha Fernández.


relacionada As esculturas de Abraham e Isaac pertencen "aos veciños de Santiago"
relacionada Ultimato para que os Franco devolvan as estatuas do Mestre Mateo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE