O Dépor, aliviado pola primeira vitoria
Guilherme cre que os primeiros tres puntos axudan a que o equipo colla confianza e suba o seu nivel.
Guilherme, nun adestramento. Foto: RC Deportivo
A falta de vitorias estaba instalada como unha laxa sobre os xogadores do Dépor, que respiran tras o primeiros tres puntos da tempada.
"Faciamos todo un pouco mal: saída de balón, marcaxes, ritmo de xogo... e agora hai un pouco de alivio, satisfacción do traballo que estabamos a facer", recoñeceu Guilherme este venres.
Por iso ve o equipo "con máis confianza, será difícil, é outro partido, pero se perdésemos contra o Alavés sería aínda máis difícil".
Guilherme, que foi titular nos cinco partidos, foi crítico consigo mesmo, como en días anteriores fixeron os seus compañeiros. "Non fixen bos partidos, non fun o Guilherme de sempre , pero estou a mellorar", manifestou.
Sobre o próximo rival, o Espanyol, cre que "será moi difícil" vencer, porque "é un equipo que ten menos puntos dos que pensaban", igual que o Dépor.
E é que a súa opinión é que deberían quedar entre o posto oito e o doce, vista o cadro de persoal que conseguiu armar o conxunto herculino.
Escribe o teu comentario