Guilherme quedará na Coruña catro tempadas máis
O diario 'As' adianta que o Dépor chegou a un principio de acordo co Udinese para se facer cos dereitos do brasileiro polos cinco millóns da súa opción de compra.
Guilherme e Luisinho nun adestramento. //Foto: RC Deportivo
Recentemente conseguida a permanencia e a un partido de que remate a liga, o Dépor comeza a moverse para confeccionar o equipo da próxima campaña. Se nada se torce a última hora, tal e como apunta o diario As, Guilherme será xogador branquiazul as próximas catro tempadas.
O pivote brasileiro chegou o verán pasado cedido polo Udinese, con opción de compra de cinco millóns. Ao parecer, o Dépor xa acordara hai tempo co xogador a posibilidade de continuar na Coruña, pero faltaba a negociación económica co club italiano.
Segundo a información que asina Luis de la Cruz, a entidade herculina conseguiu o visto e prace do Udinese para afrontar en varios prazos o desembolso económico polo xogador.
Escribe o teu comentario