Que os excesos do verán non pasen factura

El Corte Inglés Santiago acolle este mércores unha conferencia dunha doutora sobre desintoxicar o organismo.


|

Detoxeci


El Corte Inglés Santiago acolle este mércores, día 20 de setembro a conferencia 'Desintoxica o teu Organismo e Recupera a Saúde' impartida pola Doutora Otilia Quireza. A cita é ás oito da tarde no Salón de Ámbito Cultural (Planta Baixa).


Tal e como informa a entidade nun comunicado, na conferencia explicarase "por que é importante desintoxicar o organismo, cales son as consecuencias de non facelo e como podemos conseguilo" tras os excesos do verán.


Otilia Quireza é Doutora en Medicina pola Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e dedícase ás Terapias Naturais desde 1992. Tal e como recolle a nota do Corte Inglés "concentrou a súa atención en aliviar o sufrimento físico e psíquico das persoas que a consultan, buscando sempre a raíz do seu problema". Comezou estudando terapias bioenerxéticas como a Homeopatía, Medicina Biorreguladora ou Nutrición Enerxética, e nos últimos 15 anos, especializouse en Terapias de Desbloqueo Emocional como EMDR e SHEC.


relacionada El Corte Inglés segue aumentando beneficios e presenta perspectivas alentadoras
relacionada El Corte Inglés doa 8.800 euros a WWF para a recuperación do bosque mediterráneo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE