O Alavés e o Espanyol miden a reacción ou o afundimento do Dépor
Dous encontros nunha semana tras catro partidos sen gañar nun dos peores inicios de liga da historia do equipo.
O Dépor está lonxe dos resultados e o rendemento que se agardaba, cun único punto de doce posibles e unha imaxe que dá para pouco optimismo.
Os números son de desastre histórico. O equipo herculino non arrincaba tan mal a competición desde o 68, cando perdeu os catro. Outro mal inicio de tempada foi na 2010-2011, que a estas alturas sumara tres empates e rematou co Dépor en Segunda.
Para a ansiada reacción, os primeiros obstáculos son o Alavés e o Espanyol. Os vascos chegan á cita como pechacancelas, sen marcar un gol e co primeiro adestrador cesado da tempada.
Ese encontro será o mércores e o Dépor non descansará nos adestramentos ata despois de xogar o domingo pola mañá en Cornellà El Prat contra o Espanyol.
Dúas vitorias darían aire aos coruñeses, aos que se lles esixe unha reacción xa.
Escribe o teu comentario