O Concello de Santiago inicia a licitación da iluminación de Nadal

A adxudicación pasa a ser bianual por ser unha tramitación "complexa" ano tras ano e confían en superar as críticas.


|

AlumbradocervantesnavidadIluminación doutro ano. Foto: Concello de Santiago

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao comezo da licitación da iluminación de Nadal para 2017 e 2018, cuxo proceso de adxudicación pousará a ser bianual en lugar de renovarse cada exercicio.


Así o avanzou en rolda de prensa o concelleiro Xan Duro, quen sinalou que o prezo de licitación establécese en 167.600 euros mais IVE. A instalación comezará durante os primeiros días do mes de decembro.


Duro explicou que este ano "se lle dará máis importancia á cuestión artística" da iluminación que ao aspecto económico, e que as empresas estarán obrigadas ofrecer unha oferta "similar" cada ano, tanto en termos de calidade como de contía económica.


O concelleiro xustificou o paso a unha adxudicación bianual para evitar realizar unha tramitación "complexa" ano tras ano, e mostrouse convencido de que "non van existir" críticas cidadás máis aló que as que forman parte "do xogo político" da oposición.


Tamén se informou do inicio da Fase II da renovación do iluminación pública, que permitirá colocar 1.189 novas luminarias no termo municipal e que supoñerá un aforro de case 110.000 euros ao ano.


relacionada Un asesor profesional para impulsar o talento individual dos santiagueses
relacionada A carreira nocturna pola zona histórica inaugura o CorreSan 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE