O II Festival de Muralismo e Grafiti de Santiago incluirá 'master class'
Esta segunda edición celébrase do 15 ao 24 deste mes, co lema 'Compostela Contemporánea'.
Santiago acollerá desde este venres a segunda edición do Festival de Muralismo e Grafiti, que se estenderá ata o 24 de setembro co lema 'Compostela Contemporánea'.
O evento foi presentado este venres en rolda de prensa, por parte das concelleiras de Mocidade e Políticas Sociais, Noa Morales e Concha Fernández, respectivamente, e dúas dos organizadores, Javier Mourón e Sokram.
O programa incluirá 'master class' impartidas por Cestola Na Cachola, Isaac Majó, e Farim Rueda, que serán de dez participantes e que finalizarán coa pintura de murais en centros de ensino ou centros sociais.
Tamén haberá actuacións de Alto Asalto, Xenderal ou 2Pasos & Thomas Dylan na praza do 8 de marzo, no barrio de San Pedro, o venres 22 de setembro.
Así mesmo, as actividades pecharanse o día 24 con conferencias dos artistas invitados, e unha mesa redonda que acollerá o Centro Xove da Almáciga.
Escribe o teu comentario